Close
Rúa Colombia 15200 Noia (A Coruña)

Biografía do autor – Pablo Castiñeira

Biografía do autor – Pablo Castiñeira

Logo dunha década levando o hip hop e a cultura urbana con Vella Escola por toda a comunidade galega, queremos presentar o noso primeiro traballo editorial ilustrado.

Nacín en 1986, ano en que chegaban a España as primeiras imaxes do movemento hip hop a través de películas como “Breakin”, “Beat Street” ou “Style Wars”, estreadas nos Estados Unidos un par de anos antes.

Eu era moi pequeno para percibir o que estaba a pasar en todo o mundo coa chegada imparable desta nova cultura urbana, pero lembro os breakers da miña vila facendo acrobacias imposibles seguindo o ritmo daquela música electrizante, que picaba o DJ na disco durante as sesións de tarde dos domingos na discoteca da vila noiesa chamada “Mandingo”.

Por casualidades da vida, cando tiña 14 anos (coincidindo co cambio de século), atopei o mundo do breaking. Aínda lembro, con claridade, cando un empurrrón dun amigo, que bailaba break, me levou ao medio dun “cypher” (curro). De súpeto parou o mundo, e tardei tres segundos en decatarme de que aquel momento era o que estaba a esperar, así que me defendín como puiden e desde aquela pasaron xa dúas décadas vividas dentro da “movida”.

Desde o ano 2000 non parei de vagar por un camiño que comezou co Breaking e que me levou a coñecer outras disciplinas do hip hop: o turntablism, o rap, o graffiti e o beatbox, coas que descubrín novos mundos e novas xentes.

En 2009 decido dar un paso adiante formando a Vella Escola para cotinuar o legado das xeracións pasadas e dignificar a cultura urbana para achegala ás novas xeracións.

Logo dunha década levando o hip hop e a cultura urbana con Vella Escola por toda a comunidade galega, queremos presentar o noso primeiro traballo editorial ilustrado.

Esta guía sobre a cultura urbana é unha realidade grazas á colaboración dun experimentado equipo de profesionais especializados, que xenerosamente comparten os seus coñecementos neste libro.

Tes curiosidade por coñecer máis sobre o hip hop e a cultura urbana?

Mergúllate neste percorrido único polo universo alternativo do hip hop e descobre os grandes segredos dos cinco elementos que forma parte deste movemento.

Como dicimos na Vella Escola: “Cultura urbana en estado puro!”.