O libro “Somos Hip-Hop” contou coa colaboración dun grande equipo de artistas especializados e con ampla experiencia nas diferentes disciplinas do Hip-Hop.
Queres saber máis sobre eles?
- RISK @flavorisk (rap): Esteban Leguizamón (1989) aka Risk! leva máis de 20 anos dedicándose ao rap e á cultura Hip Hop galega. Foi membro de formacións musicais como “De Buena Tinta” ou “Rap A Golpe De Beatbox”, participado en diferentes proxectos sociais e culturais. Actualmente é membro activo da Asociación de Cultura Urbana “Vella Escola” onde imparte talleres de rap con diferentes formatos educativos.
- SERLLI @bboy_serlli (breaking): Sergio Perol (Bboy SerLli) leva 15 anos bailando, é instrutor de Breaking clase A e promove este baile por todo Galicia da man de Vella Escola e no mundo enteiro a través da súa canle de Youtube Breakstudio, onde conta con máis de 45 mil subscritores.
- DJ MIL @deejay_mil (turntablism): Un amante da música negra que comezou como DJ en eventos locais, actuando posteriormente en clubs, festivais e como DJ para varios artistas. Competiu nacionalmente e desenvolveu un estilo único que o levou a moverse internacionalmente. Os seus sets combinan Funk, Disco, Hip Hop e Dancehall. En 2019, abriu WAX! CULTURA DJ en Santiago de Compostela, onde ensina e prové equipamento musical.
- DAVBEATBOX @dave_viibes (beatbox): David Freigenedo (Dave Viibes) é un artista multidisciplinar madrileño que desde os 17 anos viviu en Galicia, a súa terra paterna, onde desenvolveu as súas artes do Hip Hop durante máis de 15 anos. Desde entón, formou parte de diferentes grupos musicais como beatboxer e cantante e tamén en musicais e espectáculos de renome, como tributo a Michael Jackson “Forever King of Pop” entre outros. Tamén participa co seu beatbox en diversos programas de TV e en campionatos desta disciplina a nivel nacional.
- TAI @softaiger (beatbox): Adrian Taibo (Taiger) é un mozo de Mos que empezou no beatbox hai máis de 10 anos e compite a máximo nivel nacional, ademais de preservar o beatbox en Galicia e expandilo da man de Vella Escola e Galibeats.
- ASTEN @astenpowers (graffiti): B. Rodríguez é un escritor de Grafiti de 36 anos cunha ampla traxectoria. Leva 20 anos desenvolvendo o seu estilo propio entre bastidores, con ampla dedicación ao mundo do graffiti onde destacan as súas pezas cheas de cor e power e traballos murais de encarga cunha alta calidade artística. Colabora con Vella Escola en diferentes proxectos axudando a expandir esta disciplina en Galicia.
- POWONE @pow_one (graffiti): Antonio Barbará é un escritor de graffiti vigués que comezou a súa traxectoria no ano 1991. De formación autodidacta, desde sempre se viu atraído pola representación figurativa. A expresión e o realismo das súas pezas consagrárono como referente do graffiti e o muralismo en Galicia.
- DRIMA @drimaalaparato (bases instrumentais App): Antón Freire, oriúndo da vila de Noia, comezou a súa travesía na produción musical á temperá idade de 18 anos. O seu impacto no mundo do rap remóntase a 2007, cando incursionou primeiro como rapeiro para logo evolucionar cara á produción, explorando estilos como o dirty south e o trap.
- WAVE @akawave (bases intrumentais App): Akawave namorouse do hip hop aos 8 anos, pero foi ao mudarse a España con 15 anos cando atopou unha comunidade coa que compartir e desenvolver a súa paixón. Comezou co breakdance e foi perfeccionando as súas habilidades musicais. Hoxe é un multiinstrumentista que produce música en vivo para as batallas de baile. O seu repertorio abarca desde o rap ata a electrónica e as paisaxes sonoras.
- DUSEM @dusem_one (graffiti App) Comeza no mundo do graffiti e a cultura Hip hop á idade de 12 anos na cidade de Ourense. Desde 1997 leva desenvolvendo o seu propio estilo, WILD STYLE simétrico, cores ou pratas, frechas, liñas, curvas, rectas, limpeza, skinny cap e power line clásico.